Rutas xeolóxicas en Burela


En colaboración co Concello de Burela ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2017. Ofértanse dúas visitas guiadas:

XEORUTA BURELA - O PERDOURO
Esta xeoruta permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, así como os fermosos arcos naturais do Castrelo, que contrastan coas materiais da chamada rasa cantábrica, superficie achairada que comeza en Burela e que se estende por boa parte do Cantábrico.

Duración: 3 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa

Inscrición online na xeoruta:



XEORUTA BURELA - A MAROSA
Nesta xeoruta as rochas graníticas son sen dúbida algunha as protagonistas, un percorrido litoral que permitirá descubrir a orixe das formas tan caprichosas que adquiren estas rochas co paso dos anos. Do mesmo xeito observaranse as pegmatitas, unhas rochas que en ocasións son portadoras de minerais semipreciosos e que mostran un aspecto moi chamativo.

Duración: 3 h. Distancia: 6 km. Dificultade: Baixa

Inscrición online na xeoruta:


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
Prezo: de balde                        Prazas: 25

Máis información no teléfono do concello de Burela (982 586 000) ou na oficina de turismo municipal (982 581 138).

Folleto informativo:

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529