Últimas xeorutas...Limo e O Courel



O programa de xeorutas de verán chega ao seu fin, pero aínda tendes a oportunidade de visitar os impresionantes cantís do Limo (Cariño) o día 16 de setembro ás 10:00. E o vindeiro mes "Outono xeolóxico no Courel", unha zona cun rico patrimonio xeolóxico que de seguro sorprenderá a moitos. E para poder desfrutar ao máximo desta zona, farémolo en dous días, 13 e 14 de outubro (ponte do Pilar).

- Xeoruta do Limo (16/09/2018) - Inscrición aberta, facendo click aquí

- Xeoruta do Courel (13/10/2018 - 14/10/2018) - Inscrición aberta, facendo click aquí

Toda a información sobre a actividade no Courel. (Facer click aquí) - Prazas limitadas

*Aloxamento vai por conta dos interesados, aconséllase pernoctar na zona de Quiroga, dado que será o punto de chegada do día 13 e saída do 14.

Agardo que sexa do voso interese