Versión en castellano
En colaboración co Concello de Burela ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2020. Ofértanse tres visitas guiadas e unha ruta circular:
XEORUTA DO PERDOURO
Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/xJVtph
Duración: 3 h. Distancia: 3,5 km. Dificultade: Media
Inscrición online na xeoruta: https://bit.ly/2XDNMUj
Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
En colaboración co Concello de Burela ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2020. Ofértanse tres visitas guiadas e unha ruta circular:
XEORUTA DO PERDOURO
Esta ruta xeolóxica permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, e orixinadas por mor da Oroxenia Varisca, salientable acontecemento xeolóxico da Era Paleozoica. Así como os fermosos arcos rochosos do Perdouro, a rasa cantábrica, superficie achairada que comeza en Burela e se estende por boa parte do Cantábrico; ou o contacto co granito de San Cibrao na zona de Castrelo.
Duración: 3 h. Distancia: 3,2 km. Dificultade: Media
Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/Vh85BB
Duración: 3 h. Distancia: 3,2 km. Dificultade: Media
Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/Vh85BB
XEORUTA DA MAROSA
Nesta xeoruta as rochas graníticas son sen dúbida algunha as protagonistas, un percorrido litoral que permitirá descubrir a orixe das pías, acanaladuras, tafonis, etc. unhas formas moi caprichosas xeneradas co paso dos anos. Do mesmo xeito observaranse as pegmatitas e aplitas, unhas rochas que en ocasións son portadoras de minerais semipreciosos e que mostran un aspecto moi chamativo. Os distintos elementos da costa granítica e a presenza de depósitos recentes completarán a visita.
Duración: 3 h. Distancia: 7,8 km. Dificultade: Baixa
Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/TNF7xS
XEORUTA DO CANTIÑO
O paseo xeolóxico que chega ata esta praia burelense caracterízase por amosar inicialmente os materias da denominada Rasa Cantábrica, superficie de erosión continental de máis de 1 millón de anos. Na cal os conglomerados e as areas son as litoloxías máis salientables. Pola súa banda, nas inmediacións do Cantiño obsérvase o proceso de formación de furnas e arcos rochosos, así como a presenza dunha importante falla na veciña praia da Areoura, onde os materiais son totalmente diferentes.
Duración: 3 h. Distancia: 6,4 km. Dificultade: Baixa
XEORUTA DE MONTE CASTELO
Esta nova " xeoruta" discorre integramente por Monte Castelo, o que permitirá gozar das súas espectaculares vistas panorámicas. Ao longo da visita chegarase ata O Buio, o teito de Burela, para coñecer a orixe destas montañas e da costa Cantábrica. A mina de caolín será outra das protagonistas neste percorrido xeolóxico, e é que este mineral foi no seu momento uno dos pilares económicos máis importantes de Burela.
Duración: 3 h. Distancia: 3,5 km. Dificultade: Media
Inscrición online na xeoruta: https://bit.ly/2XDNMUj
Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
Prezo: de balde (só as organizadas polo concello) Prazas: 20
Máis información no teléfono do concello de Burela (982 586 000) ou na oficina de turismo municipal (982 581 138).
Folleto informativo: https://goo.gl/g3z2LD
Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529