Rutas xeolóxicas en Cariño

Versión en castellano

En colaboración co concello de Cariño, pertencente ao proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal ofértanse dúas xeorutas ou rutas xeolóxicas nas que deseguido se mostra máis información ao respecto: 

XEORUTA DO LIMO 
Esta ruta polo macizo do Limo permitirá descubrir formacións rochosas moi singulares, que co paso do tempo adquiren formas sumamente curiosas e chamativas. Isto unido a que o percorrido discorre polos cantís máis verticais da Serra da Capelada, farán desta visita xeolóxica unha oportunidade única para coñecer esta zona de Cariño. 

Duración: 4 h. Distancia: 7,5 km. Dificultade: Media 

Inscrición online:  https://goo.gl/SZCGXM 



XEORUTA DOS AGUILLÓNS 
Nesta xeoruta coñecerase de primeira man a maior concentración de ecloxitas de todo o planeta. Unhas rochas moi singulares, formadas a moitos quilómetros de profundidade. Pero tamén haberá tempo para descubrir as formacións xeolóxicas que aparecen en San Xiao do Trebo, orixinadas neste caso pola fusión de outras rochas. 

Duración: 4 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Media 

Inscrición online:  https://bit.ly/3dm2ohg


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 9€                   Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529