Neste concello pertencente ao proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal ofértanse dúas xeorutas ou rutas xeolóxicas nas que deseguido se mostra máis información ao respecto:
XEORUTA DO ARSÉNICO
A costa de Meirás está chea de tesouros xeolóxicos, como é a presenza de dunas remontantes a carón do faro de Punta Frouxeira, ou o afloramento de rochas subvolcánicas na zona do Porto. Onde ademais é posible ollar os vestixos da intensa actividade mineira que tivo lugar neste sector do concello de Valdoviño a comezos do século XX. Nestas minas explotouse un mineral rico en arsénico, chamado arsenopirita, que as veces tiña incluso cantidades significativas de ouro e prata.
Duración: 4 h. Distancia: 4 km. Dificultade: Baixa
Inscrición online: https://goo.gl/j2z8Ln
XEORUTA DOS CABOS
Neste percorrido polo litoral, entre Pantín e Valdoviño, atópanse salientables estruturas xeolóxicas, como a Falla de Valdoviño, que se estende ata Monforte de Lemos, ou os materiais do chamado Complexo de Cabo Ortegal. É dicir, rochas que formaban parte dun antigo océano e que habitualmente non aparecen na superficie da Terra. Do mesmo xeito visitaránse os restos dun vulcanismo explosivo na praia de Pantín, ou a excelente vista panorámica dun dos sistemas dunares máis importantes do noroeste penínsular, o da Frouxeira.
Duración: 4 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa
Inscrición online: https://goo.gl/kw94La
Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
Prezo: 9€ Prazas: 20
Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529