Rutas xeolóxicas en Nigrán

Versión en castellano

Neste concello do sur da provincia de Pontevedra ofértase unha xeoruta ou ruta xeolóxica na que de seguido móstrase máis información ao respecto:

XEORUTA DE MONTEFERRO - PATOS
Con esta ruta xeolóxica polo litoral de Nigrán poderan descubrirse entre outras cousas evidencias de que o nivel do mar sufriu importantes variacións nos últimos 140.000 anos, tal e como se pon de manifesto na praia de Patos. Un areal onde ademáis é posible ollar rochas que fai 400 millóns de anos se atopaban nun océano pero no hemisferio Sur. A península de Monteferro agocha numerosas curiosidades xeolóxicas, como é a presenza do contacto entre as rochas metamórficas da banda A Lanzada-O Rosal e as rochas magmáticas, esencialmente granitos de dúas micas, que afloran tamén na costa de Baiona. No caso das rochas metamórficas, a maior parte delas son xistos, destacan polo seu alto contido en cristais de andalucita e cordierita, pero tamén aparecen pequenas bandas de outras rochas como as cuarcitas ou os metaconglomerados. Na marxe sur da península existe un afloramento de rochas subvolcánicas dunha cor verde escura, son diabasas, que de maneira habitual mostran unha meteorización en capas de cebola.

Duración: 4 h. Distancia: 4 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online:  https://bit.ly/2VdmFiR


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: De balde               Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529