En colaboración co concello de Cerdido ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2022. Ofértase unha visita guiada:
XEORUTA DO COBRE
Nesta ruta xeolóxica en colaboración co concello de Moeche visitaranse as principais instalacións das antigas minas de cobre. Unha intensa actividade mineira que rematou arredor do ano 1969. Unha antiga cheminea de calcinación, unha pranta de tratamento químico, as balsas de estériles ou as entulleiras serán os principais puntos de visita polos que discorrerá esta ruta, que ten por objectivo coñecer de primeira man como se traballou nestas minas, que minerais se obtiveron delas, así coma a xeoloxía dos materiais presentes nesta zona.
Duración: 4 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Baixa
Inscrición online: https://bit.ly/2T2iGEF
Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
Prezo: 9€ Prazas: 20
Máis información no teléfono do concello: 981 41 10 00
Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529