En colaboración co concello de San Sadurniño ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2022. Ofértase unha visita guiada:
XEORUTA DAS PÍAS
Este percorrido xeolóxico discorre por dúas zonas, na contorna do castelo de Naraío e na parte alta da serra do Forgoselo. Na primeira visitarase o val estrutural do río Castro onde se pode ollar o contacto de rochas graníticas con antigos sedimentos, agora transformados en lousas, pero tamén a formación das pías orixinadas pola erosión fluvial. Pola súa banda dende a serra do Forgoselo terase unha excepcional vista panorámica dende as illas Sisargas ata a serra do Xistral, pero sen dúbida, as formas graníticas (bolos, pías, acanaladuras ou tafonis) son as verdadeiras protagonistas, polo que aquí poderase descubrir cal é a súa orixe e evoluvión xeolóxica.
Duración: 4 h. Distancia: 4 km. Dificultade: Baixa
Inscrición online: https://bit.ly/34PjbEq
Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
Prezo: 9€ Prazas: 20
Máis información no teléfono do concello: 981 490 027
Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529