Rutas xeolóxicas en Ferrol

Versión en castellano

Neste concello do norte da provincia da Coruña ofértase unha xeoruta ou ruta xeolóxica na que de seguido móstrase máis información ao respecto:

XEORUTA DE SANTA COMBA - PONZOS 
Esta andaina pola costa ferrolá permite ollar numerosos puntos con grande interese xeolóxico, entre os que destacan distintas intrusións de rochas subvolcánicas, é dicir, enfriáronse a poucos quilómetros da superficie terrestre. Na praia de Ponzos atopamos evidencias de que o nivel do mar non sempre foi o mesmo,  tal e como pon de manifesto a presenza de antigas turbeiras na praia actual (nivel do mar máis baixo) ou superficies de abrasión en zonas continentais (nivel do mar máis alto). Pero neste areal ollamos tamén que moitos dos seus grans de area son escuros ou negros, coñecidos como minerais pesados. Cara o su extremo norte observamos o contacto entre dous tipos de rochas, ortogneises e lousas, onde en ocasións desenvólvese unha mineralización de ouro, que foi parcialmente explotada nas inmediacións desta praia. Na parte superior da mina subterránea aínda se pode ver unha impresionante explotación aurífera romana de case 25000 metros cadrados.

Duración: 4 h. Distancia: 6 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online:


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 13€ (15€ sendo <16 persoas)                Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529