Rutas xeolóxicas en Ribadeo

Versión en castellano

Nesta zona da provincia de Lugo ofértase unha xeoruta ou ruta xeolóxica na que de seguido móstrase máis información ao respecto:

XEORUTA DAS CATEDRAIS - RINLO 
O litoral de Ribadeo alberga unha das marabillas xeolóxicas máis salientables que temos en Galicia, os arcos rochosos da praia das Catedrais. Con esta ruta xeolóxica poderase descubrir, paso a paso, o proceso que deu lugar a este incrible monumento natural, pero tamén a explicación a porque se concentra un número tan importante deles nesta praia. Do mesmo xeito este treito costeiro mostra moitos elementos xeomorfolóxicos (furnas, ollos, illotes, etc.) presentes na evolución destes cantis da Mariña lucense. No caso dos ollos, algúns deles foron empregadas na contorna de Rinlo como cetarias de marisco. A orixe e as características dos materiais que atopamos neste litoral serán outros dos temas que se abordaran nesta xeoruta.

Duración: 4 h. Distancia a pé: 4 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online:
https://docs.google.com/forms/d/1mnhijJmCtAofdXhet-bhe8LuTlBxsjdeEz82nMipBuY/edit?usp=sharing

 

Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 9€ (11€ sendo <16 persoas)                      Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529