Rutas xeolóxicas en Santiago

Versión en castellano

Nesta zona da provincia da Coruña ofértase unha xeoruta ou ruta xeolóxica na que de seguido móstrase máis información ao respecto:

XEORUTA DO PICO SACRO - TOURO 
Este paseo xeolóxico pola contorna de Santiago permite por unha banda descubrir a orixe e as características xeolóxicas máis salientables do Pico Sacro, como por exemplo as súas covas asociadas a un singular karst silíceo, que está considerado como un dos maiores do mundo. A excepcional vista panorámica que ofrece este lugar posibilitan ollar a chamada configuración en bloques do relevo galego. Dende as inmediacións de Ponte Ulla apreciase con gran claridade o filón de seixo que se extende dende o Pico Sacro ata San Miguel de Castro e que cicatriza unha importante falla orixinada fai 315 millóns de anos. A outra parte da visita céntrase na zona de Touro, onde ata fai poucos anos había minas a ceo aberto de cobre, as cales aproveitaban unha mineralización de calcopirita e outros sulfuros diseminados en anfibolitas. Na actualidade aínda é posible atopar restos desta mineralización e produtos da súa oxidación.

Duración: 4 h. Distancia a pé: 2 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online:
https://docs.google.com/forms/d/1kP4O6PTO9K7p77RukWII4JPPSLuKwdQFOLlG9JL29KM/edit?usp=sharing


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 14€ (16€ sendo <16 persoas)                    Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529