Rutas xeolóxicas no Galiñeiro


Nesta emblemática serra do sur da provincia de Pontevedra ofértase unha xeoruta na que de seguido indícanse os aspectos xeolóxicos máis salientables:

XEORUTA DO GALIÑEIRO
A Serra do Galiñeiro constitúe un dos puntos de interese xeolóxico máis salientables do sur de Galicia, nela atopamos uns materiais, os ortogneises peralcalinos, que tiveron unha orixe moi singular, de feito teríamos que desprazarnos ata Nixeria, Rusia ou Canadá para atopar rochas semellantes a estas. Con esta andaina xeolóxica poderá coñecerse de primeira man as características destes materiais e os aspectos xeomorfolóxicos máis destacados da contorna de esta serra, como é a formación das paisaxes de bolos ou o modelado en bloques do relevo galego. Tamén visitarase unha antiga canteira de feldespato, empregado na industria da louza e que tiña por destino as fábricas que houbo na zona de Vigo. Este mineral está asociado a pegmatitas graníticas, onde chegan a atoparse cristais de varios metros de lonxitude. A explicación a isto e a outras curiosidades xeolóxicas poderan descubrir nesta ruta xeolóxica.

Duración: 4 h. Distancia: 4 km. Dificultade: Media  

Inscrición online:
https://docs.google.com/forms/d/1hRaiLhEQ6BvH3H5bkdMNmn-CZi37jvKM7hTTfPHnmvY/edit?usp=sharing


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 15€ (18€ sendo <16 persoas)              Prazas: 20 

Para cualquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529